FIN DE VERÁN 2025: PURPLE, DJ AL, DJ ALKALDE, NORTH ADT & GHARBOSAS DO PIÑEIRIÑO
Info
O domingo 21 de setembro o barrio do Piñeiriño sae á rúa para despedir o verán cunha xornada chea de música, danza e bo ambiente. A partir das 12:30h, a rúa Camilo José Cela convértese nun gran escenario aberto: 🎧 Sesión vermú con Dj Alkalde, que se estrea no barrio, e Dj Al, coñecido por facer bailar horas no Solifest. 🎸 Concerto en directo do grupo Purple (13:30h), liderado polo cantante e guitarrista Jacobo Sainz (ex Grupo Assia), xunto co baixista Iván Fernández e Esteban González á batería (da banda do programa da TVG Land Rober). 💃 Actuación de danza K-POP a cargo do grupo vilagarcián North ADT, que poñerá ritmo e enerxía á tarde. 🥁 Peche de festa cun encontro de música tradicional guiado polas Gharbosas do Piñeiriño, cunha despedida a ritmo de muñeira. 👕 Durante toda a xornada haberá posto de roupa de Glint e a dirección técnica estará a cargo de Ricardo González, figura indispensable nos grandes eventos do barrio. 🌟 Entrada libre e ambiente familiar. Música en directo, baile e festa asegurada para dicirlle adeus ao verán no mellor barrio do mundo.
Indie - Rock, Pop
Künstler
Venue
Barrio Do Piñeiriño, Vilagarcia de Arousa
Adresse
Calle Camilo Jose Cela, Vilagarcia de Arousa, 36600, Spain, Vilagarcia de Arousa